
O acordo acadado esta semana entre a UE e o Reino Unido sobre as posibilidades de pesca para 2023 das poboacións de peixes compartidas bilateralmente no Atlántico Nororiental, garantirá -segundo manifestou o comisario de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius, as posibilidades de pesca dos mariñeiros “e apoiará os medios de subsistencia das comunidades enteiras a ambos os lados do Canal da Mancha, o Mar de Irlanda e o Mar do Norte”. Na súa exposición máis ou menos trunfal dixo tamén Sinkevicius: “Fomentarán o noso substento e o dos recursos mariños vivos compartidos, proporcionarán seguranza nos nosos pescadores para o vindeiro ano e sentarán unha base sólida para unha maior cooperación co Reino Unido en materia de xestión pesqueira”.
Imos contar un conto de mil mentiras, logo. Porque lída a acta das consultas en materia de pesca entre o Reino Unido e a UE para 2023, non se tira a mesma conclusión nen, moito menos, se desprende dela ese groso optimismo do que fai gala o comisario. Por exemplo: a pescada norte non subiu o anunciado 10%, senon un 4,6%; o peixe sapo e o rapante da Zona 7 (oeste de Irlanda) pasa de se dispor na primeira de 41.178 a 45.724 (+11,5%), aínda que se perde na Zona 6 (noreste de Escocia) un 20%.
A cota de xurelo queda establecida en 13.400 toneladas para ser capturada accesoriamente e, a máis, elimínase calquera flexibilidade interespecies. Tanto a UE como o Reino Unido rexeitaron o cupo cero que recomendaban os científicos para evitar que se convertera en especie de estrangulamento para a frota. Ese cupo de capturas facilitaría un aumento do 4,96% na biomasa reprodutora do ano 2024.
Reino Unido e Unión Europea comprometéronse a solicitar o ano que ven do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) unha avaliación dos puntos de referencia e que se analice por separado o xurelo do oeste. Ambas as partes coidan que o consello que dan os científicos ér para a especie Trauchurus trauchurus, cando son tres que se capturan todas xuntas. E tampouco se atende a recomendación para o ollomol, polos problemas que pode causar á frota ese TAC cero.
O acordo permite o acceso recíproco ás augas de cada parte para pescar bonito do norte. O wue non produce ningunha vantaxe a España; contribuirá á xestión sustentable das poboacións de peixes xestionados conxuntamente nas auagas de ambas as partes e proporcionará estabilidade e previsibilidade ás frotas e aos operadores.
Aplícase a máis de 74 poboacións e garante unhas posibilidades de pesca para a frota da UE de máis de 350.000 toneladas por un valor estimado de 1.000 millóns de euros sobre a base dos prezos históricos de desembarque.
As artes comprométense co Comitè de Pesca UE-Reino Unido a seguir unha liñas de traballo cara a mellora da xestión sustentable das poboacións de peixes compartidas durante o vindeiro ano, incluida unha revisión das medidas técnicas para protexer as poboacións vulnerables en todas as concas marítimas.
Os límites de capturas acordados serán incorporados polo Consello ao regulamento sobre posibilidades de pesca para 2023.
Após a saída do Reino Unido da UE, a maioríh das poboacións das augas comunitarias do Atlántico Nororiental compártense agora con terceiros países, en particular co Reino Unido, feito que, de entrada, non vai ser compensado para España.



