O Consistorio de Outes acolle unha mostra coas postais que a veciñanza elaborou para o concurso O Noso Nadal

26 Decembro 2022

Dende a semana pasada e até o 15 de xaneiro poderemos visitar no andar baixo do Consistorio de Outes a exposición de postais festivas feitas por persoas de tódalas idades que participaron no certame O Noso Nadal.

Esta actividade foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística de Outes e pretende dinamizar o uso da lingua galega e fomentar a creatividade.

Respecto do concurso de postais, os premios consistiron en varios lotes de libros e 300€ para seren gastados no comercio local. Esta é unha actividade que, ademais de promover o uso do galego, entre a poboación en xeral, e entre a mocidade e infancia, en particular, preténdese involucrar aos pais, nais, avós e avoas para que sexa unha actividade interxeracional.

O segundo dos concursos convocado ao abeiro de O Noso Nadal foi o de decoración. O obxectivo consistiu en promover que tanto veciñanza en xeral como negocios decoren escaparates, xanelas e fachadas. Convocouse un primeiro premio de 200 euros e un segundo valorado en 100 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...