O Concello de Ribeira habilitará a antiga aula de emprego de Carreira como centro de acollida de persoas vulnerábeis

20 Decembro 2022

O Concello de Ribeira vai habilitar con fondos europeos un centro de acollida de persoas en situación de vulnerabilidade social. Será nun inmóbel da antiga casa da cultura de Carreira, con acceso dende a rúa Outeiro e que serviu, entres estaba activo, de aula de emprego. O proxecto materializarase a través do proxecto Máis Ribeira Atlántica. Segundo informou o Concello, para levar a efecto a creación deste novo servizo acábase de sacar a contratación as obras de reforma do edificio en cuestión.

Para acondicionalo como casa de acollida, fontes do Consistorio engaden que “cómpre habilitar os espazos existentes como espazos propios dunha vivenda: dormitorios, zona común, cuartos de baño e ademais unha pequena zona administrativa xa que se trata dun aloxamento temporal”.

Con tal motivo, será acondicionada a envolvente existente do inmóbel tanto exteriormente cun revestimento tipo SATE, como interiormente a través dun trasdosado autoportante, ambos con illamento de la mineral para mellorar a eficiencia enerxética.

En canto á distribución interior, o centro de acollida contará con tres dormitorios, dous baños, unha zona común, un distribuidor e unha zona de administración. A superficie útil é de 85 metros cadrados e a construída, de 111.

O orzamento do proxecto de reforma ascende a 172.899,96, IVE incluído. O prazo de execución son catro meses.

A contratación forma parte da EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado) Máis Ribeira Atlántica, que está co-financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

A contratación forma parte da liña inicial A-10 Dotación de infraestruturas culturais e sociais, posteriormente agrupada na liña (A16) Infraestruturas sociais e culturais.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión