O Concello de Boiro reúne a alumnado participante na UNED Sénior

14 Decembro 2022

O Consistorio de Boiro albergou na mañá deste mércores 14 unha xuntanza de antigos alumnos participantes en cursos da UNED Sénior. No encontro participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro, Marcos Fajardo; o coordinador da UNED Sénior da Coruña, Luis Patiño; e a mestra dos cursos, Carmen Freire.

No encontro puxeron en común as vantaxes que teñen estas formacións e compartiron anécdotas das distintas actividades nas que participaron e nas que seguen a participar. “Boiro é un exemplo a seguir porque neste concello materializouse a finalidade dos cursos, que é crear espazos e sinerxías entre as persoas que participan para seguir realizando actividades comúns”, afirmou Carmen Freire.

O alcalde, José Ramón Romero, mostrouse moi satisfeito con todo o traballo que hai detrás da formación e tamén das actividades que desenvolven. “É un orgullo ver que seguides a propoñer actividades e que seguides apostando pola formación, por facer actividades e por mantervos activos”, afirmou o rexedor.

Pola súa banda Luis Patiño, coordinador da UNED Sénior na Coruña amosou o seu agradecemento e salientou o entusiasmo mostrado polo grupo de Boiro nestas formacións e por continuar cos programas máis alá da formación regrada. Pola súa parte, o concelleiro Marcos Fajardo deu a coñecer os esforzos do Concello en poder continuar “con esta formación e estes programas que tanta demanda teñen e que son tan importantes para dinamizar e que vos manteñades activos”.

Outros artigos

A ABE colabora coa campaña de Nadal de AGADEA Alzhéimer en Boiro

Na mañá deste venres 1 de decembro, usuarios e técnicos da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzhéimer (AGADEA) achegáronse as oficinas da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) para entregar 50 bólas decorativas elaboradas a man polas persoas participantes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...