O Concello de Boiro realiza un mural en Escarabote que engloba ás entidades sociais da parroquia

01 Decembro 2022

O Concello de Boiro realiza un mural inclusivo en Escarabote no que teñen cabida diversas entidades da parroquia como son o Sporting de Lampón, Ambar, Pedra da Aroña e a Asociación de Veciños de Lampón. Para descubrir o mural, as entidades promotoras desta proposta organizaron un encontro coa veciñanza a partir das 12.30 horas.

A proposta xorde da entidade deportiva Sporting de Lampón que, neste 2022, cumpre cincuenta anos de historia. O obxectivo da entidade é, ademais de festexar esta data, fomentar e impulsar a inclusión social, polo que buscaron alianzas coas demais entidades para solicitar o pintado deste mural ao Concello.

O deseño, feito polo artista Nove Noel, leva representadas as cores do club así como o Pazo de Goiáns e o mar, elementos que caracterizan e identifican á veciñanza de Lampón. A proposta, segundo explica o Concello, “busca facer partícipes e promover a inclusión sen importar a raza, o sexo, a situación de discapacidade ou calquera outra condición”.

A actividade está financiada polo departamento de Servizos Socias do Concello de Boiro. “Proxectos como este son de gran importancia para fomentar a participación e a implicación co voluntariado, así como a unión da veciñanza sen importar a idade ou as condicións económicas”, afirmou o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...