O Concello de Boiro organiza unhas Xornadas de Realidade Virtual durante o Nadal

23 Decembro 2022

O Concello de Boiro, no marco da programación de actividades para festexar este Nadal, organiza unhas Xornadas de Realidade Virtual no Local Leñaverde do Centro Social de Boiro. As actividades vanse levar a cabo os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e os días 2, 3, 4 de xaneiro en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Esta iniciativa tecnolóxica de lecer está destinada á poboación xuvenil e ten como finalidade “dar a coñecer as novas experiencias inmersivas”. Haberá xogos individuais e por parellas, e tamén competicións. A actividade conta coa colaboración do grupo de voluntariado Turbina e tamén é solidaria, coa recollida de alimentos para Cáritas.

As xornadas serán con acceso libre ata completar a capacidade máxima e farase recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e limpeza para as familias máis necesitadas do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.