O Concello de Boiro licita obras para a mellora de camiños en Cures, A Cuncheira e Mieites

13 Decembro 2022

O Concello de Boiro sacou a licitación as obras para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Cures, A Cuncheira e un camiño de Mieites a Cures. As actuacións, dun importe de 59.036,66 euros atópanse en fase de presentación de ofertas ata o vindeiro 20 de decembro.

Obras recentes levadas a cabo na parroquia de Cures

O Concello explicou que o proxecto que se pretende levar a cabo consiste na mellora do firme de camiños rurais de titularidade municipal co obxectivo de “impulsar a cohesión social e territorial e mellorar a vertebración do territorio e das condicións de vida e traballo no rural”. Trátase de vieiros rurais nun estado deficiente, que dificultan a accesibilidade e a interrelación entre pequenos núcleos, o tránsito de vehículos e tamén o acceso a parcelas agrícolas, recordan fontes do Consistorio boirense, engadindo, máis concretamente, que en Cures actuarase nun camiño de 439 metros lineais e un ancho medio de 6 metros; na Cuncheira nun camiño dunha lonxitude de 235 metros lineais e un ancho medio de 4 metros; e entre Mieites e Cures nun camiño de 1.472 metros lineais e un ancho medio de 4 metros. O que se pretende nos tres puntos é “o planeo con apertura de cunetas e o seu pavimentado con saburra e rega asfáltica”.

As actuacións, que se atopan en licitación para a presentación de ofertas na Plataforma de Contratación do Sector Público, teñen un orzamento de 59.036,66 euros, financiados mediante o remanente de tesourería do ano 2021 do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.