O Concello de Boiro e as mulleres do grupo do autocoidado do CIM sumaron forzas contra a violencia

01 Decembro 2022

O Concello de Boiro, no marco das actividades do 25 de novembro (Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres), reuniu a un grupo de usuarias do Centro de Información á Muller (CIM) que participan no grupo de autocoidado impulsado no mes de outubro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Igualdade, Dores Torrado, mantiveron un encontro con elas para coñecer como funciona o grupo e as accións que están a levar a cabo.

Inicio en outubro

O grupo comezou no mes de outubro como un obradoiro de saúde e calidade de vida de catro sesións para mulleres usuarias do CIM. A maior parte das participantes sofren ou sufriron violencia de xénero por parte das súas parellas ou ex-parellas, e moitas delas teñen vixentes ordes de afastamento, e todas elas teñen algunha historia e ninguén a quen acudir ou a quen contarlla.

De Boiro e de concellos limítrofes, son mulleres de idades comprendidas entre os 28 e os 60 anos, de clases sociais distintas e con distintos niveis de estudos. Na actualidade o grupo está composto por unhas 15 mulleres e segue a medrar, polo que quixeron manter esta xuntanza co alcalde para expoñerlle e darlle a coñecer a súa realidade.

O alcalde, en nome do Concello de Boiro, amosou o seu compromiso “de apoialas en todos os pasos que queiran seguir dando para constituír unha entidade e seguir mantendo as xuntanzas deste grupo de apoio para asesorar e apoiar a outras mulleres que pasaron ou están a pasar pola mesma situación”.

O CIM de Boiro atendeu, so no mes de outubro, a 60 mulleres, a maioría por situacións relacionadas coa violencia por parte da parella ou ex-parella. Delas, preto do 40% teñen unha orde de afastamento dos seus agresores. Moitas das usuarias do centro proveñen de municipios limítrofes nos que non hai Centro de Información á Muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...