O Concello da Pobra renova as xanelas do primeiro andar do Centro de Saúde

16 Decembro 2022

O Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal está a ser esta tempada obxecto de tarefas de adecuación. Nesta ocasión, o Concello focalizou a intervención na mellora da eficiencia enerxética do edificio coa substitución de preto dunha trintena de fiestras do primeiro andar.

Procedeuse así coa retirada das ventás anteriores, a colocación das novas e o embelecemento da súa contorna. Os traballos tiveron unha duración dun mes e concluíron na pasada semana. Ata o ambulatorio desprazouse a concelleira da Sanidade, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), para constatar o resultado, ademais de manifestar que se agarda proseguir con máis tarefas mediante un novo convenio de colaboración coa Xunta de Galicia.

O labor foi executado por Ismael Gigirey por un importe que ascende aos 22 990 euros, IVE incluído.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.