O Centro Social de Cabo de Cruz acolle a mostra Lembranzas da Asociación Ambar

07 Decembro 2022

A asociación inclusiva da nosa comarca Ambar inaugurou este mércores 7 de decembro, no Centro Social de Cabo de Cruz, a mostra pictórica Lembranzas realizada polas persoas usuarias participantes no obradoiro de artes. A concelleira de Cultura, María Outeiral, estivo na presentación da exposición xunto con Elena Teira, coordinadora xeral da agrupación e Manuel Miné, mestre do obradoiro de arte.

A mostra está composta por obras realizadas polas persoas da asociación que participan no obradoiro. Os artistas dos cadros acompañaron á concelleira no percorrido pola exposición. “Para calquera Concello é un orgullo contar cunha exposición como esta, na que se ve e se sente a ilusión que hai detrás de cada cadro e de cada historia”, afirmou María Outeiral.

A exposición está composta por nove cadros que pintaron cada un dos alumnos do grupo no que plasmaron os seus recordos. “Cada un escolleu unha foto que lle recordase un momento especial”, afirmou o mestre Manuel Miné.

A mostra forma parte das actividades do 40 aniversario da Asociación Ambar. “Con ela festexamos e conmemoramos tamén o día internacional dos dereitos das persoas con diversidades funcionais, que se celebra o 3 de decembro”, sinalaron as responsábeis da entidade.

Lembranzas pódese visitar na sala de exposicións do Centro Social de Cabo de Cruz durante os meses de decembro e xaneiro, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 e de martes da xoves de 16.00 a 19.00 horas.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.