“O armario baleiro”. Luís Celeiro

01 Decembro 2022

Tiña un magnífico armario de nogueira, con catro portas e un espello para verse de arriba a abaixo.
Era un armario con estantes, caixóns e filigranas incrustadas na madeira, como se fosen xoias penduradas do pescozo da ama da casa, da señora Matilde, que quería dicirlle aos achegados e visitantes que a súa era a mellor casa do lugar, a que tiña cousas para gardar e sitio para gardalas. A moda naquel tempo era ter máis e mellor roupa que as outras. Roupa para vestir, para regalar e para presumir. Roupa para abrigarse e para poder cambiar de abrigo cando fora necesario ou cambiar de chaqueta, cando quixera cambiar.
Nunha esquina dese enorme armario estaban pousadas dúas sabas de estopa, restreladas do liño que ela cultivara, cun enorme traballo e coa colaboración da veciñanza. O traballo de preparación do liño foi, na súa época, un traballo colectivo. As mulleres e os homes do lugar facían como unha roga e ían de casa en casa, da casa ao río e do río á eira, laboreando, mallando, mazando, cantando e, ao rematar a xornada, bailando e recordando que: “Xa vén o tempo de mazar o liño, / xa vén o tempo do liño mazar”.
Son poucas as persoas que lembran os fiadeiros e as ruadas do traballo, as noites en vela e á espera pola mirada da veciña, da amiga ou do amigo, mentres os máis vellos cantaban as regueifas e rían sen parar. Eran tardes e noites de festa difíciles de esquecer, noites milagreiras, segundo as lendas e segundo o contar da xente que viviu aquelas ruadas populares con baile e música tradicional, que segue honrando aos fiadeiros e a aquela xente de fiar que fiaba.
Os recordos gardábanse no corazón, na memoria e no armario. Agora son outros tempos, gárdase todo na tarxeta do móbil, nunha tarxeta diminuta, na que entra todo o que cadaquén queira e, aínda, moito máis.
Na memoria dun teléfono vai a historia que enchía os tomos de varias enciclopedias, o mundo
enteiro, cos costumes, as tradicións, os pensamentos, a filosofía, a tecnoloxía e tódalas especies
vexetais e animais que existen e viven. Pola contra, calquera outro armario de madeira nobre,
traballada e torneada, quedou baleiro e está agardando a súa retirada. Xa o di a Tía Manuela, “o pasado alá vai, o porvir está por chegar e o armario, o noso armario, con tódalas pertenzas, segue baleiro”.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.