“Novo paquete de medidas gobernamentais para combater a inflación en España”. Antón Luaces

28 Decembro 2022

A partir do 1 de xaneiro de 2023 estarán vixentes as medidas anticrise aprobadas este martes polo Consello de Ministros. Son medidas que conforman o terceiro paquete cuxo obxectivo é facer fronte

A elevada inflación provocada en España pola invasión de Ucraína polas forzas do exército ruso.

Este terceiro paquete amplía o groso das iniciativas postas en marcha en marzo e xuño por medio de dous textos lexislativos aos wue se engaden outros como a eliminación do IVE para os alimentos de primeira necesidade (actualmente do 4%) como o pan, o leite, as fariñas panificables, o queixo, os óvos, a froita, as verduras, legumes, hortalizas, patacas e cereais. Tamén se baixa o IVE do 10% ao 5% para aceites e pasta. Todo este conglomerado de medidas vai supor un aforro de 661 millóns de euros, que se vai manter atya o 30 de xuño ou ata que a inflación su0062acente baixe do 5,5%. De baixar desta taxa, recuperarase o tipo impositivo cotián de IVE nos alimentos anteditos.

As medidas aprobadas contémplanse nun decreto-lei no que tamén se inclúe un cheque de 200 euros que se artella nun pagamento único e tenta reducir as situación de vulnerabilidade económica” que non están cubertas por outras prestacións de carácter social. A este abono poderán acceder asalariados, autónomos e desempregados. O requisito para elo é que os ingresos dos solicitantes sexan inferiores  a 27.000 euros e o seu patrimonio non supere os 75.000 euros a 30 de decembro de 2022. Esta medida, que beneficiará a máis de 4 millóns de fogares e a 6 millóns de persoas poderá ser solicitado a partir do 15 de febreiro de 2023. O aforro para as familias con esta axuda ascenderá a 1.200 millóns de euros, segundo informa o propio Goberno. Este vai manter vixente, asimesmo, o 30% de subvención ao transporte urbano e interurbano xestionado por concellos e comunidades, coa condición de que o resto de administracións implicadas, autonómicas e locais, se comprometen a poñer un 20% adicional que ata o de agora era vontario.

Esténdese asimesmo a gratuidade dos trens de Cercanías, Rodalies e Media Distancia convencional e da liñas de autobuses de titularidade estatal para viaxeiros cotiáns, así como os descontos do 50% dos abonos Avant, durante 2023.

O Goberno retira a axuda de 20 céntimos de euros no litro de gasolina, que sen embargo vai manter vixente para o transporte profesional por estrada, que se abonará ao remate de cada mes. Neste senso amplíase ata marzo a bonificación actual para o sector e fíxase unha rebaixa de 10 céntimos por litro durante o segundo trimestre de 2023.

A máis prorróganse as rebaixas fiscais no recibo de electricidade e do gas e mantense a prohibición de cortar os subministros básicos de luz, gas e auga dos consumidores vulnerabeis  no caso de impago ata o 31 de decembro de 2023, á vez que se prorroga para este colectivo o desconto na factura eléctrica a través de bono social.

Son medidas estas que, xunto con outras máis específicas, van repercutir en amplas capas da sociedade española e que terán unha efectiva acollida en Galicia onde, como é ben sabido, salarios e pensións de xubilación son xeralmente das máis baixas de todo o Estado.  

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.