“No coñecemento e no traballo”. Luís Celeiro

29 Decembro 2022

Francisco de Quevedo, como saben moitos e moitas de vostedes, tiña unha enorme preocupación pola xustiza. Naceu a finais do século XVI, foi un home ilustrado, un poeta extraordinario, universitario, escritor de novelas, de teatro, de filosofía e de pensamento político, “onde hai pouca xustiza é un perigo ter razón”, dicía. Exactamente igual que hoxe,
igual que lles pasa aos paisanos do noso pobo, que andan (andamos) sedentos de xustiza e na permanente procura do exercicio da equidade.
Dise que é equitativo quen dá a cadaquén o que lle pertence, “quen xulga ou trata aos demais de acordo cos seus méritos ou deméritos”, con respecto á liberdade e conciliándoa coa xustiza. E quen paga a xustiza? Entre todos, a través dos impostos, a cidadanía que non defrauda, paga a tódolos integrantes da estrutura deseñada e en activo para ser eficaz, achegada ou próxima.
Xulgados de Paz, xulgados de Primeira Instancia e Instrución, do Mercantil, de Violencia sobre a Muller, do Penal, do Contencioso-Administrativo, do Social, de Menores e de Vixilancia Penitenciaria, Audiencias Provinciais, Tribunais Superiores de Xustiza, Audiencia Nacional e Tribunal Supremo, todos eles encárganse do exercicio da potestade xurisdicional.
Aí están xuíces, letrados xudiciais, técnicos de Xestión, persoal funcionario ou contratado de
tramitación e persoal de Auxilio. Aí están traballando.
Moitas das localidades de cada unha das provincias galegas son zonas próximas ou sede da xudicatura, cun ou con varios xulgados para amañar a desfeita, para conducir a orde, para que os cidadán saiban que hai un poder público que defende os seus intereses. Uns sábeno, outros non e hai quen, con sentenza ou sen ela, morre afogado nun mar de dúbidas, tan grande como o mar nunca visto.
De quen será a culpa dos litixios permanentes, da xustiza borrosa, do pano negro que tapa os ollos da xente de ben? De quen será a culpa das desigualdades de trato e das distintas miradas maliciosas? De quen será? Efectivamente, a Tía Manuela dio alto e claro, “a xustiza ten un prezo elevado, é cara, moi cara, pero aínda é máis cara a inxustiza”. Un remedio para aforrar neste capítulo dos orzamentos, pódese atopar na educación, na formación, na escola, na universidade, no coñecemento e no traballo.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.