María Canosa, gañadora da quinta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

29 Decembro 2022

A quinta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro xa conta coa obra gañadora.
O xurado decidiu que a distinción vaia parar a Teño un volcán dentro, de María Canosa. O seu nome súmase así á listaxe de galardoados das anteriores convocatorias: Patricia Mallo, con Os Fantom; Xosé Antonio Neira Cruz, con O enigma do baúl pechado; a terceira edición quedou sen adxudicar ao estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; e repetiu novamente Neira Cruz con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos.
Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia; Xosé Antonio Neira Cruz, escritor; e Encarna Pego, mestra e socia da A. C. Barbantia, destacan a heteroxeneidade dos preto de corenta orixinais presentados. O libro galardoado plasma a historia dun rapaz con síndrome de Asperger que chega a un novo centro educativo e narra o seu proceso de integración, ademais da adaptación do seu entorno próximo á situación. Adiantaron tamén que as bases da próxima convocatoria introducirán novidades como reduci-lo rango de idade do público receptor dos relatos a de 8 a 12 anos.
A concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explica que o premio supón unha dotación económica de 3000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o
repartimento de exemplares entre a rapazada pobrense para así inculca-lo hábito lector nas xeracións máis novas.
Convocado polo Concello xunto coa editorial e a entidade cultural xa sinaladas, o dito certame constitúe un referente no panorama galego que busca promove-los autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, así como homenaxea-lo escritor Carlos Mosteiro.

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL · 981 843 280 · WWW.APOBRA.GAL
RÚA GASSET 28, A POBRA DO CARAMIÑAL 15940 (A CORUÑA)

A entrega do premio e presentación do libro efectuarase nos vindeiros
meses.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.