O conselleiro de Educación, Román rodríguez, anunciou a licitación, no primeiro trimestre do 2023, das obras de rehabilitación integral do colexio Castelao, en Rianxo. O representante do Goberno galego realizou unha visita ao centro escolar na que avanzou o orzamento para esta actuación, dun millón de euros, e que está previsto que os traballos poidan comezar no verán de 2023.
Desde o grupo de goberno do Concello de Rianxo amosouse esta tarde a súa satisfacción e ledicia polo anuncio de Consellería de Educación de licitar as obras no colexio Castelao de Rianxo.
Unha demanda reclamada por toda a comunidade educativa e apoiada por unanimidade dos grupos municipais. Desde o executivo rianxeiro poñerase deste xeito no século XXI un colexio con coarenta e seis anos de andaina con nova cuberta e melloras de eficiencia enerxética. A presentación da obra polo Conselleiro asistiu o Alcalde entre outros membros da corporación e do equipo de goberno ademais do Director do Colexio.




