Éxito da primeira edición do concurso “de tapas de Outes

15 Decembro 2022

O Concurso de Tapas en Outes, celebrado entre o 3 e o 11 de Decembro, tivo unha grande aceptación entre os veciños e visitantes. A nota predominante foi a calidade das tapas que cada local puxo en concurso e a alta participación ao longo de toda a semana.  Os datos resultantes, despois do reconto, din que foron casi 2.600 tapas servidas e cunha valoración moi alta de todas elas por parte dos participantes. Dende o Concello agradeceron aos oito establecementos participantes o esforzo para mostrar o bo facer gastronómico existente no concello e animan a outros locais a que se sumen na vindeira edición. Nesta edición participaron o Restaurante Asador Albatros, o Restaurante Pepe do Coxo e o Restaurante O Taboleiro, do Freixo; Casa Amanda e Joh Turkey, da Serra de Outes; A Nosa Taberna e Casa Roque de San Ourente e Restaurante Fera, situado no lugar do Pumar en Cando. A tapa mellor valorada polos participantes foi a “TAPA DO PUMAR” do Restaurante Fera, en Cando, que recibirá por tanto o premio como gañador do concurso. Do mesmo xeito, procedeuse tamén a realizar un sorteo entre os clientes participantes dunha cea cun valor de 150 €, que será degustada nalgún dos oito restaurantes participantes, resultando agraciada Froila del Río Delfino.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.