Este luns pola tarde celébrase na Carpa Solidaria de Boiro unha sesión creativa de rapeiros noveis e consagrados

26 Decembro 2022

A música urbana e improvisatoria (o rap e as súas diferentes variacións) será a protagonista da grella cultural deste luns 26 de decembro en Boiro. En concreto, a área de Cultura de Concello organizou unha xeira creativa de micro aberto (primeiro) e concertos (despois) a partir das 17.00 horas, aberta á participación da xuventude local, na Carpa Solidaria instalada na praza de Galicia. Isto no que se refire á vertente aberta e participativa da xornada. A partir das 20.00 está previsto que comecen as actuacións de Colectivo Fuck Poseidon, Bonny, Trinol e Cokein. As entradas son de balde até completar aforo. Pódese contribuír coa achega de alimentos non perecedoiros.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.