Este domingo temos unha cita coa música galega do Nadal cunha nova edición do Festival de Panxoliñas de Nebra

12 Decembro 2022

A parroquia de Nebra (Porto do Son) vai acoller este domingo 18 de decembro o seu tradicional Festival de Panxoliñas, unha das grandes citas culturais e festivas de cada Nadal na nosa comarca, moi envorcada en recuperar a rica tradición musical galega relacionada con estas datas sinaladas que se aveciñan. Será como dixemos este domingo na Igrexa de Nebra a partir das 17.30 horas. A axenda inclúe a participación de diferentes agrupacións da nosa comarca.

Ao remate do festival está prevista unha celebración veciñal de tipo gastronómico, con chocolatada e rosca no local da Comunidade de Montes de Nebra (cortesía do Concello de Porto do Son). Quen queira ir mergullándose no programa do festival, lembrar que a rede social Youtube dá acollida a unha manchea de vídeos das diferentes edicións do evento, da man de Paco do Martelo ou Toño Calo.

Outros artigos

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...