Entregados a Cáritas os alimentos recadados en Outes durante a estadía no concello da mostra sobre a emigración

22 Decembro 2022

Finalmente entregáronse esta semana en Outes os alimentos recadados durante a estadía no concello da exposición solidaria Nós tamén fomos emigrantes, organizada pola Fundación Abanca na Casa da Cultura da Serra de Outes. O alcalde Manuel González participou in situ na entrega das doazóns aos responsábeis de Cáritas local, xunto coa directora da oficina de Abanca da Serra.

A iniciativa abeirouse ao programa Cultura por Alimentos que se desenvolveu durante a dita mostra. Esta permaneceu ao longo das pasadas semanas (até o 3 de decembro) na Casa da Cultura de Outes. Entre os colectivos que contribuíron ás doazóns atopábase o alumnado do CEIP Plurilingüe local e do IES Poeta Añón, entre outros grupos, entidades e cidadáns. A mostra contaba cunha selección de 40 fotografías de Axencia EFE sobre a emigración galega e española, principalmente dos anos 40, 50 e 60.

Esta exposición enmarcouse como dixemos no programa Cultura por Alimentos, unha iniciativa de Afundación (Abanca) a favor da Federación Española de Bancos de Alimentos.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.