En marcha os traballos para ampliar as beiras e mellorar a accesibilidade no paseo das Carolinas, en Ribeira

07 Decembro 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para ampliar un treito de beirarrúa no paseo das Carolinas e mellorar as súas condicións de accesibilidade, dando continuidade ás obras de remodelación alí emprendidas.

Segundo o proxecto técnico elaborado, preténdese incrementar a anchura destinada ao tránsito peonil a través da desmontaxe da xardineira elevada, situada na marxe do paseo do lado da zona portuaria. O espazo resultante, segundo explican fontes do Consistorio, será usado na ampliación da beirarrúa e na proxección dunha nova zona verde ao nivel do pavimento. Amais, colocarase unha nova liña de rego e deixarase instalada unha canalización para o alumeado público.

A obra está sendo executada pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A., e supón un investimento de 44.250 euros, IVE incluído.

O Concello lembra que tamén está prevista unha segunda actuación destinada a operar nun segundo treito das Carolinas localizado na beirada das casas (no entorno do cruce coa rúa do Estaleiro), coa finalidade de mellorar o acceso a inmóbeis e locais comerciais alí situados, así como o tránsito peonil ao tempo que se gaña no aspecto estético empregando materiais semellantes ao resto da vía.

A tal efecto serán demolidos os pavimentos existentes, construídas novas ramplas e escaleiras, así como un pavimento de formigón continuo no ámbito do proxecto. De igual xeito, vanse formar alcorques para xardineiras e situarase liñas de saneamento e pluviais. As fachadas afectadas polas obras de demolición serán acondicionadas.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.