Emilio Palacio afirma que o Rotogal Boiro Voleibol está xogando “ao límite”

15 Decembro 2022

M.A.- O Rotogal Boiro Voleibol visita pasadomañá (sábado 17 ás 17.00 horas) ao Unicaja Almería. En principio, Martín Casais será a única baixa do equipo da Cachada, que buscará os seus primeiros puntos do curso na pista do vixente campión. Sobre o duelo contra os andaluces, o técnico Emilio Palacio explica que “eles cambiaron bastante con respecto á pasada tempada e notárono. Non están a facer o seu mellor ano; saben que teñen un bo persoal, pero non están a acabar de funcionar. De todas as maneiras, será moi difícil gañarlles, porque hai moitas diferenzas entre os dous persoais. Para facelo, teriamos que xogar ao 100% e ter máis acerto en ataque. Estamos a xogar ao límite, estamos ao facer moi ben, pero fáltanos o toque final”.

Sobre o rendemento do Rotogal Boiro Voleibol, Emilio Palacio sinala que “non se lle pode pedir máis ao equipo, estamos a sacar ao límite, recibindo ao límite… Fáltannos cousas en ataque, porque o único xogador ofensivo que temos é Gaby del Carmen e sería inxusto pedirlles a outros como Alan Davila ou Mario Iglesias que fixesen quince puntos ou máis por partido”.

O partido contra Unicaja Almería será o primeiro da segundo volta da Superliga. Con respecto á traxectoria do Rotogal Boiro Voleibol ata o de agora, Emilio Palacio manifesta que “competimos nalgúns partidos, pero, lamentablemente, non puidemos sumar ningún punto. O feito de non poder incorporar aos xogadores estranxeiros afectounos tamén no plano anímico. O positivo é que os rapaces novos están a aproveitar a situación e estano facendo moi ben. Non temos o mesmo persoal que outros equipos, pero esperemos saír para arriba na segundo volta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...