Dodro bate récords en solidariedade e reparte en 2022 arredor de 4.000 quilos de alimentos

14 Decembro 2022

A Área de Servizos Sociais e Benestar do Concello de Dodro acadou este ano un relevante récord en reparto de alimentos. Así nolo conta o concelleiro da área Xoán Bautista Mariño (BNG), informando que grazas á colaboración de Balrial, xunto coa Deputación da Coruña con cargo ao POS Social 2022, foi posíbel atender ás 15 familias que reunían as condicións do programa de alimentos cando se deron de alta nas dependencias municipais.

Dende Servizos Sociais salientan que grazas tamén ao persoal municipal implicado foi posíbel xestionar axiña as distintas entregas “neste ano especialmente complicado”, en palabras de Xoán Bautista Mariño, que lembra que o seu departamento comezou xa o reparto de alimentos nesta mesma semana e ardan concluír en breve esta última edición do ano.

O concelleiro continúa traballando de cara ao novo exercicio para ver tamén de mellorar esta e outras iniciativas dependentes da área de Benestar. Recorda que para formar parte deste ou doutros programas dependentes de Servizos Sociais e Benestar, poden informarse ao longo de todo o ano, con cita previa, no número de teléfono 981 80 24 66.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.