“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

27 Decembro 2022

A honestidade está a converterse nun ben escaso na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados personaxes da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e excesos. Viven nun mundo creado por eles e para eles, onde non teñen cabida o resto de mortais que se dedican, entre outras cousas, a traballar para subsistir, cun pouco de sorte.

Cando, algúns deles, son condenados por sentenzas xudiciais firmes a culpa sempre é dos demais ou do propio sistema. Sistema, por certo, do que se aproveitan para vivir como marqueses, sen dar pau á auga. Que se preocupen os demais “pobres diaños” das inxustizas sociais e dos cidadáns máis indefensos. Eles xa teñen bastante con pensar onde viaxar, nas súas longas vacacións, ou a que restaurante, “estrela michelín”, ir cear, un día si e outro tamén, ou a que país dirixirse en busca de turismo sexual ou simplemente estudar que último modelo de turismo poder axenciarse. A ética bríllalles pola súa ausencia, aínda que en demasiadas ocasións permítense a licenza egocéntrica de querer ser exemplo para os demais.

Oírlles dicir, publicamente, que o único que lles preocupa son a súa familia e seres queridos xa demostra a escasa empatía e sensibilidade cara ao resto da sociedade que lles rodea. Non pensan máis que neles mesmos e no seu status, que desexan manter custe o que custe, a través de paraísos fiscais, estafas, corrupción, difamacións, especulación e de todo tipo de delitos e malas prácticas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...