Chamamento a doar sangue tras ter que suspender 20 intervencións en Galicia. Esta semana en Boiro

14 Decembro 2022

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes dos grupos 0 positivo e A positivo.

Segundo informou a Xunta, debido ás baixas reservas dos grupos 0+ e A+, este martes reprogramaron unha vintena de intervencións cirúrxicas non urxentes en pacientes que pertencen a estes grupos. Así, os afectados serán citados de novo “tan pronto como sexa posible”. Desta forma, explicou que a demanda de compoñentes sanguíneos e a coincidencia de días festivos na mesma semana provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Ante isto, a Xunta fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos.

Así mesmounha das dez unidades móbiles da ADOS visitarán nestes días os diferentes concellos de Galicia para conseguir as doazóns necesarias e deste xeito este xoves unha das unidades móbiles estará en Jealsa e o venres e sábado en Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.