Cinco persoas falecidas, un desaparecido e dúas feridas, novo balance de vítimas do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

25 Decembro 2022

Unha sexta persoa da pasaxe foi localizada sen vida por unha patrulla da Garda Civil de Tráfico augas abaixo do Lérez.

O equipo do Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia está preparado para realizar a recollida do corpo sen vida, co que ascende o número de falecidos a cinco. Isto é, cinco pasaxeiros falecidos, un desaparecido e dúas persoas feridas, entre as que se atopaba o condutor do vehículo.

Deste xeito, avanza o operativo de busca, que esta mañá volvía organizarse tras un parón durante a madrugada debido ás malas condicións: elevado caudal do río, moita corrente e o nivel de auga no interior do vehículo, que xa alcanzaba o teito.

Así, nas primeiras horas da mañá, reuníanse no lugar dos feitos, a N-541, en Pedre, os seguintes medios: Bombeiros do Deza, GES da Estrada, Protección Civil de Cotobade, Grupo de Rescate en Altura e Acuático e GEAS da Garda Civil, Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) cun Posto de Mando Avanzado, albergue e anfibio, Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COlexio de Psicólogos de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia, Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.

Pouco tempo despois, eran precisamente os GEAS da Garda Civil quen atoparon dentro do autobús á terceira vítima mortal. Máis tarde, tamén unha patrulla da Garda Civil de Tráfico localizaba o cuarto falecido no río, augas abaixo do Lérez. Para a recollida deste corpo, botouse man dos rescatadores do Pesca I.

Outros artigos

O Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Castiñeiras

O equipo de Goberno local de Ribeira mantivo este martes 28 de novembro unha reunión coa veciñanza na Casa da Cultura deCastiñeiras na que se abordaron distintos temas que afectan aos residentes da parroquia. Durante o encontro abordáronse cuestións relativas ás...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...