Vegalsa-Eroski e Amicos renovan o seu convenio para dar continuidade ao proxecto Re-Mar

14 Decembro 2022

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a asociación sen ánimo de lucro AMICOS -para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias– renovaron hoxe o convenio de colaboración mediante o cal ambas as entidades traballan nos labores de limpeza integral de praias no marco do programa RE-MAR, un proxecto
liderado por AMICOS que ten como obxectivo a custodia ambiental para a redución dos residuos no espazo mariño protexido do arco atlántico galego.
No acto de firma, que tivo lugar hoxe nas instalacións do hipermercado Eroski de Noia, participaron a representante do departamento de RSE de Vegalsa-Eroski, Irasema Dámaso, e o responsable de Alianzas con Persoas e Empresas da asociación AMICOS, Miguel Beiro. Durante a celebración do acto, Vegalsa-Eroski fixo entrega do cheque á asociación por valor de 8.950 euros para contribuír ao programa RE-MAR de AMICOS, articulado ao redor de dous eixos de traballo: a recollida, clasificación e valorización dos residuos e a formación de educación ambiental e a sensibilización nos colexios.

Reforzo de colaboración
Con este convenio, Vegalsa-Eroski reafirma o compromiso de colaboración con AMICOS en materia ambiental adquirido na xornada de RSE que a compañía celebrou o ano pasado e onde doou 8.000 euros para cofinanciar o proxecto RE-MAR. No marco desta iniciativa, ambas as entidades tamén participaron xuntas na limpeza de varias praias da comarca do Barbanza e Ribeira, retirando delas máis de 100 quilos de residuos de diferente índole (plástico, vidro, metais, téxtil, calzado ou madeira), aproveitados, algúns, para realizar talleres de manualidades.
“É un orgullo renovar a nosa colaboración cunha asociación como AMICOS, que nos permite participar en proxectos ambientais de amplo alcance materializados en iniciativas tanxibles que permiten implicar á comunidade local de maneira constante a través da inclusión social”, sinalou Irasema Dámaso, representante do departamento de RSE de Vegalsa-Eroski.
Así mesmo, Miguel Beiro, responsable de Alianzas con Persoas e Empresas, comentou “Apaixónanos traballar “con” e “para” as persoas e o medioambiente, pero sobre todo ver como alianzas como esta, nos que as persoas con discapacidade intelectual son as protagonistas e actores principais, triunfan e
obteñen este gran respaldo”.
Proba diso é a extensión da colaboración entre Vegalsa-Eroski e AMICOS a outras ramas de actuación, como o programa integrado de emprego impulsado pola asociación e que permitiu inserir laboralmente durante o primeiro semestre de 2021-2022 a 53 persoas.
Con este tipo de accións, Vegalsa- Eroski contribúe ao coidado da contorna natural e laboral, aspectos que se enmarcan na estratexia de RSE da compañía fundamentada en tres eixos prioritarios -sustentabilidade, ámbito social e saúde-, ademais de contribuír aos obxectivos de desenvolvemento sostible que fixa a Axenda 2030 e que se atopan na folla de roteiro da entidade como empresa
responsable.

Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 281 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e Gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese
polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións

Sobre AMICOS
AMICOS contribúe a xerar oportunidades e ofrecer apoios aos proxectos de vida das persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro autista, con parálise cerebral, e ás súas familias. Traballa para conseguir a inclusión de cada persoa como cidadán de pleno dereito e promove
a construción dunha comunidade diversa con conciencia ambiental e respectuosa co seu patrimonio e cultura.

No 2023 Amicos desenvolverá a súa actividade cun modelo de intervención no que as persoas, familias e a comunidade ocupan o centro, e contará con persoas, medios, recursos económicos e alianzas para o seu desenvolvemento efectivo. A sustentabilidade é un dos seus eixos vertebradores que fixa criterios para participar activamente na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, con diversas liñas de actuación, entre as que se atopa o programa RE-MAR.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.