
O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a execución de beirarrúas entre Quinteiro e Ferreiros. Esta actuación, que se atopan publicadas para a presentación de ofertas, completan as que se están a
executar neste momento na DP-1106 entre Cespón e Quinteiro (beira este), unhas actuacións que se están a levar a cabo nun tramo de 1500 metros liñais e nos que se está a realizar a instalación dunha rede separativa de pluviais e fecais, así como a execución dunha beirarrúa.
A segunda fase desta actuación, coa que se vai executar o tramo de Quinteiro a Ferreiros, contemplan a execución dunha rede separativa de pluviais e fecais, a execución dunha nova rede de auga potable, a execución dunha beirarrúa de 1,8 metros de ancho e a execución de rede de alumeado público.
Esta segunda fase para a execución de beirarrúas en Cespón e que contempla o tramo comprendido entre Quinteiro e Ferreiros atópanse en licitación por importe de 242.069,73 euros. O prazo de presentación de ofertas para a súa adxudicación na Plataforma de Contratación do Sector Público está
aberto ata o 14 de decembro.
As actuacións, tanto as que se están a executar, dun importe de 340.392,47 euros, como a as que agora se atopan en licitación están financiadas mediante o Plan Único Concellos (POS+) da Deputación da
Coruña.



