Boiro saca a licitación a reforma da primeira vivenda de emerxencia social do municipio

20 Decembro 2022

O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a reforma dunha vivenda e adaptala para ser a primeira vivenda de emerxencia social do municipio. A actuación, dun importe de 66.080,42 euros, foi aprobada no último orzamento como proposta do BNG local.
Trátase dunha antiga vivenda dos mestres que será reformada para destinar a persoas vulnerables e en situación de emerxencia social. “O departamento de Servicios Sociais conta con persoas usuarias sen recursos e sen ningunha prestación polo que esta vivenda de emerxencia axudará a regularizar eses casos”, afirmou o concelleiro Raúl Treus.
As actuacións que se pretenden executar contemplan a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar dunha superficie construída de 104 metros cadrados e dunha antigüidade de 50 anos e que conta con salón-comedor, cociña con lavado e tendal, corredor, baño e tres dormitorios. As obras que se proxectan plantexan as actuacións para mellora dos requisitos básicos de habitabilidade da edificación, mellorando a envolvente térmica en cuberta e fachadas, a impermeabilidade do conxunto, aspectos funcionais e acabados interiores Para o seu uso elaborarase un regulamento, un documento que xa se atopa en fase de redacción. “Queremos seguir rehabilitando vivendas para que poidan ser empregadas en caso de necesidade e ofrecer un mellor servizo ás persoas usuarias”, afirmou o concelleiro.
As actuacións para a rehabilitación desta vivenda atópanse en fase de licitación e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a travésda Plataforma de Contratación do Estado ata o vindeiro 29 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.