Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto

28 Decembro 2022

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a, en modalidade de funcionario/a de carreira correspondente á Oferta de Emprego Pública. O Boletín Oficial do Estado publica este xoves a convocatoria e o prazo de presentación de solicitude, que será de vinte días hábiles.
As persoas aspirantes a este proceso deberán cumprir unha serie de requisitos esixibles para o acceso ao emprego público como posuír a nacionalidade española, ter cumpridos os dezaseis anos, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública, posuír as capacidades e aptitudes físicas para o desenrolo das funcións e, ademais, estar en posesión da titulación habilitante para o desenrolo da profesión de arquitecto.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición e a praza correspondese a unha subescala técnica superior da categoría de arquitecto (A1). O prazo de presentación de solicitudes abre este xoves día 29 de
decembro e será de vinte días hábiles. Toda a información sobre a convocatoria e as bases do proceso están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.