Barbantia entrega este sábado os seus premios anuais no Pazo de Goiáns (Boiro)

09 Decembro 2022

A Asociación Cultural Barbantia organiza este sábado 10 de decembro a gala dos XVI Premios Barbantia da Cultura 2022, cos que se queren recoñecer as máis destacadas contribucións creativas do que vai de ano na nosa comarca. Será no Pazo de Goiáns do concello de Boiro, ás 12.30 horas deste sábado.

Ese mesmo día presentarase o décimo oitavo volume Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza. A gala será retransmitida en directo por Canal Barbanza TV e por streaming a través da canle de Youtube de Barbantia para todo o mundo. Poderemos seguir a entrega de galardóns na ligazón específica da asociación. Nesa mesma xornada farase un xantar de confraternidade no Restaurante Arume (no 30 da avenida de Compostela, Boiro). Estas actividades serán organizadas por Barbantia coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro.

Premiadas

A Asociación Cultural Barbantia deu a coñecer estes días as persoas e entidades premiadas na nova edición dos Premios Barbantia da Cultura (2022). Así, segundo o escrutinio dos votos das socias e socias, son os que citamos a continuación:

-Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2022: Ana Blanco.

-Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza: Museo do Gravado de Artes (FMAG).

-Premio Barbantia da Cultura Galega 2022: Xesús Alonso Montero.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...