Barbantia distingue este ano a Ana Blanco, o Museo do Gravado de Artes e a Xesús Alonso Montero

05 Decembro 2022

A Asociación Cultural Barbantia deu a coñecer as persoas e entidades premiadas na nova edición dos Premios Barbantia da Cultura (2022). Así, segundo o escrutinio dos votos das socias e socias, son os que citamos a continuación:

-Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2022: Ana Blanco.

-Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza: Museo do Gravado de Artes (FMAG).

-Premio Barbantia da Cultura Galega 2022: Xesús Alonso Montero.

Entrega de galardóns

A Asociación Cultural Barbantia organiza este mes de decembro a gala dos XVI Premios Barbantia da Cultura 2022, cos que se queren recoñecer as máis destacadas contribucións creativas do que vai de ano na nosa comarca. Será no Pazo de Goiáns do concello de Boiro o sábado 10 de decembro de 202, ás 12.30 horas.

Ese mesmo día presentarase o décimo oitavo volume Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza. A gala será retransmitida en directo por Canal Barbanza TV e por streaming a través da canle de Youtube de Barbantia para todo o mundo. Poderemos seguir a entrega de galardóns na ligazón específica da asociación. Nesa mesma xornada farase un xantar de confraternidade no Restaurante Arume (no 30 da avenida de Compostela, Boiro). Para acudir ao xantar, é necesario anotarse antes do xoves, 8 de decembro na conta de correo electrónico barbantia@barbantia.es. Estas actividades serán organizadas por Barbantia coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.