Axentes da Garda Civil rescatan a unha persoa que caeu á ría fronte a praza de Abastos de Noia

23 Decembro 2022

Os axentes axudaron a saír da auga ao implicado, que caera ao mar, e que foi trasladado ao centro de saúde polos membros do GES.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 2 horas da madrugada, cando desde a Garda Civil solicitaron a colaboración doutros servizos de emerxencia para rescatar a unha persoa que caera ao mar nas proximidades da praza de Abastos de Noia. Os xestores do 112 informaron ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e ao GES de Noia.

Pouco despois, os axentes indicaban que conseguiran sacar ao implicado da auga. Este foi trasladado polos membros do GES de Noia ao centro de saúde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...