Até 750 persoas inscritas para a Carreira Popular Mar de Boiro, Memorial a Pepe Buceta, que se celebra este domingo

02 Decembro 2022


O Concello de Boiro celebra este domingo día 4 de decembro a XVII edición da Carreira Popular Mar de Boiro, 15º Memorial a Pepe Buceta. O prazo para inscrición rematou este xoves primeiro de decembro e pechouse cun total de 750 corredoras e corredores das distintas categorías que van participar nas tres carreiras.

Fontes do Consistorio boirense explicaron que “para o correcto desenvolvemento da proba o domingo pola mañá haberá restricións de aparcamento e cortes puntuais de algunhas rúas para o paso dos corredores”. Deste xeito, non estará permitido estacionar na rúa Principal, no treito diante da praza de Galicia onde se instala a liña de saída; e tampouco se poderá facelo na mediana da av. da Constitución entre o cruce da Boliña e a rotonda de Espiñeira.

Por outra banda produciranse cortes puntuais ao tráfico para o paso do pelotón da categoría xeral de 10 quilómetros que sairá ás 11.00h da rúa Principal, baixará pola av. de Compostela até praia Xardín, percorrerá o paseo marítimo ata o Saltiño; pasará pola Pedra da Bouza e Triñáns ata Mañóns; regresará a Boiro pola estrada de Abanqueiro e o núcleo da Boliña ata a rotonda de Espiñeira e volve pola rúa peonil onde se atopa a liña de meta.

O percorrido de escolares, de 2.500 metros de distancia, sairá ás 11.05 da rúa Principal, e volverá pola avenida da Constitución ata a rotonda de Abanqueiro e volverá a meta pola rúa Peonil. As carreiras Mini e Supermini farán o percorrido de 200 metros pola rúa peonil.

A entrega de premios farase na praza de Galicia e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e para os tres gañadores absolutos, tanto masculino como feminino. Premiaranse tamén aos tres primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e haberá premios para a clasificación de Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.

Presentación ante a prensa da carreira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.