As voluntarias europeas de Lousame impartirán un obradoiro de adobíos de Nadal e novas actividades de ocio en inglés

13 Decembro 2022

O Concello de Lousame, a través do seu programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps, organiza dúas actividades de Nadal gratuítas para os nenos e nenas do municipio: un obradoiro de adobíos navideños e unha nova edición do programa de actividades de ocio en inglés. Dúas actividades que serán impartidas polas voluntarias turcas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas e para as que xa está aberta a inscrición a través de www.bandoticket.com.

O obradoiro de adornos será este venres 16 de decembro, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Dirixido a nenos e nenas maiores de 6 anos, cos que Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas compartirán a elaboración da decoración típica do Nadal na nosa terra e tamén na súa Turquía natal.

O programa Leisure Activities in English celebrarase os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10:30 a 13:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos, inclúe actividades de pintura, karaoke, música, xogos, cinema, teatro, creatividade, conversas… todo en inglés. Trátase da segunda edición deste programa, despois do éxito acadado polas propias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas durante este verán, nas que participaron medio cento de rapazas e rapaces de Lousame.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.