As mulleres do CIM de Boiro participan nun encontro co escolta de vítimas de violencia de xénero Manuel Losada

19 Decembro 2022


O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro, organizou un encontro co escritor boirense Manuel Losada, que foi escolta persoal de mulleres vítimas de violencia de xénero. O encontro realizouse no marco das xuntanzas das usuarias do centro que se celebran con periodicidade semanal.

Manuel Losada nunha imaxe publicada por El Correo Gallego

Na actualidade Manuel Losada exerce como perito xudicial nos casos de violencia de xénero e durante moitos anos exerceu de escolta persoal de mulleres vítimas de violencia e escoltou a máis de 15 mulleres, tanto por encargo da vítima como dos seus familiares, ás que ademais de acompañalas as formaba para mellorar a súa auto-protección e seguridade. Esta experiencia profesional permitiulle coñecer de primeira man a realidade da dita lacra das agresións, o que o levou a escribir a guía Sen medo á besta.

O encontro celebrado a pasada semana, no que participaron quince mulleres, serviu para ensinar ás persoas asistentes que se pode mellorar a calidade de vida das mulleres en situación de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas, así como sensibilizar á sociedade da realidade deste problema.

A actividade realizada polo CIM de Boiro deu inicio a unha colaboración continuada entre o ex-escolta e o Concello de Boiro co obxectivo de mellorar a calidade de vida de mulleres en situación de violencia de xénero.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.