As aventuras de Pinocho, en Porto do Son o día 10 da man de Educa Teatro

04 Decembro 2022

A compañía Educa Teatro, famosa polas súas revisitacións e readaptacións musicais (e actuais) de contos tradicionais para a rapazada (por exemplo Os 3 porquiños ou Cararapuchiña vermella), vai estar os días vindeiros en Porto do Son para ofrecer a súa particular (e espectacular) revisión de Pinocho, de Carlo Collodi.

Será o día 10 de decembro ás 17.00 horas na Casa da Cultura, e non será preciso retirar entrada (entrada libre até completar aforo). En palabras da área de Cultura de Concello, “estamos ante unha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi, unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que, xunto ca Fada Mimadriña, Raposo e Gato, acompañarán a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade”. Máis datos na páxina web da compañía.

ℹ️ Educateatro Producións >

Outros artigos

“As alumnas” de Culturactiva chega este sábado a Outes

O auditorio da Casa da Cultura de Outes acolle este sábado 2 a representación da obra teatral As Alumnas, de Culturactiva Producións, a partir das 20.00 horas. Dirixida a un público adulto, a obra trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...