Ambar impulsa unha actividade formativa sobre operacións auxiliares no sector alimentario

27 Decembro 2022


A asociación da nosa comarca Ambar, centrada na plena inclusión social das persoas con capacidades diversas, impulsou unha formación sobre operacións auxiliares nas industrias alimentarias dirixida a persoas con diversidade funcional. A formación é gratuíta e conta cunha bolsa de asistencia para todas as persoas participantes e servizo de transporte dispoñíbel.

Segundo informan dende Ambar, a demanda está a ser grande e quedan xa poucas prazas libres. Quen desexe facer a inscrición pode facelo chamando ao teléfono 981 87 44 80 (extensión 5) ou cubrindo o formulario que aparece na páxina web de Ambar, asociacionambar.org. O prazo para poder realizar a inscrición remata o día 9 de xaneiro do 2023.

Esta formación é posíbel grazas ao financiamento da Fundación ONCE concedida na convocatoria
de axudas económicas Uno a Uno, e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo O FSE inviste no teu futuro.

Máis información na web de Ambar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.