Alianza entre Amicos e a Fundación Vertex para reforestar os montes do concello de Curtis

23 Decembro 2022

A Asociación Amicos e a Fundación Vertex Bioenergy veñen de renovar a súa colaboración a prol do medio ambiente e a integración. Así, por segundo ano consecutivo, realizarán unha actuación de reforestación de 450 piñeiros no concello de Curtis en beneficio da inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade.

Asistiron por parte da fundación Vertex Bioenergy, Antonio Vallespir e José María Moncasi de Alvear, presidente e director respectivamente. Vallespir sinalou que “estamos encantado de contribuír á inclusión das persoas con discapacidade intelectual na sociedade a través de accións de sensibilización polo clima”.

Pola súa banda, Miguel Beiro (Amicos), comentou que “na nosa asociación temos claro que sós non podemos contribuír a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS), senón que as empresas teñen unha responsabilidade enorme á hora de facer da nosa contorna un lugar seguro, limpo e xusto, e por iso, con fundacións comprometidas como a Fundación Vertex Bioenergy conseguirémolo”.

O acordo contempla a aposta pola inclusión e o voluntariado ambiental, o obxectivo será plantar máis de 450 piñeiros coa axuda de escolares do Colexio Públicos de Curtis e o CEIP A Froula de Teixeiro nos montes do concello de Curtis.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...