Alecrín organiza este Nadal novos obradoiros de baile en Porto do Son, Aguiño, A Pobra e Boiro

23 Decembro 2022

Con motivo das festas sinaladas nas que xa estamos mergullados, a Asociación Cultural Taller Alecrín, coa colaboración de diferentes entidades públicas e asociativas, vén de poñer en marcha na contorna da Barbanza un programa de obradoiros gratuítos para adultos baixo o nome de Baila en Nadal.

O primeiro destes, que se desenvolverá de 20:30 a 21:30 horas será de Danza Coreográfica, modalidade de baile que arrasa nas pistas de competición galega que consiste na combinación de varios ritmos nunha soa coreografía. Este obradoiro vai orientado a persoas que queiran empezar a bailar ou que xa bailen a modalidade linedance.

O segundo destes obradoiros que fará de 21:30 a 22:30 horas será de Tango Arxentino. Nesta modalidade farase unha introdución que permita ás parellas desenvolver unha coreografía que conteña os elementos básicos. “Todo un reto para parellas principiantes ou avezadas”, explican dende Alecrín.

O programa desenvolverase no Centro Cultural Deportivo de Boiro o luns, 26; na Aula de Música de Aguiño (Ribeira) o mércores, 28; na Escola Municipal de Danza de Porto do Son o xoves, 29 e no Centro Sociocomunitario da Pobra do Caramiñal o venres, 30 de decembro

Para calquera información as persoas interesadas pódense dirixir ao Taller Alecrín no Teléfono: 698 150 432.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...