AGADEA ofrece este mércores en Boiro (no Centro Social) unha charla sobre o alzhéimer

20 Decembro 2022

A Asociación AGADEA (centrada en dar servizo a persoas maiores con doenzas neurolóxicos e ás súas familias) vai organizar este mércores 21 de decembro unha actividade formativa sobre a enfermidade do alzhéimer. Será ás 17.30 horas no Centro Social de Boiro. As inscricións poden facerse na conta de correo cdiaribeira@xunta.gal ou a través do teléfono 672 70 50 53.

A actividade encádrase no acordo de colaboración formalizado entre AGADEA e o Concello, fortalecido estes mes de decembro. Esta medida traducirase na posta en marcha dun novo servizo de estimulación terapéutica dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo. A maiores, AGADEA organiza esta tempada unhas charlas dirixidas á poboación xeral que teñen como obxectivo formar e informar sobre o alzhéimer e outras doenzas cognitivas. A primeira delas, un faladoiro impartido pola neuróloga Clara Domínguez, celebrouse o mércores 14 de decembro ás 17.30 horas no Centro Social de Boiro. A segunda das actividades celebrarase o vindeiro mércores día 21 de decembro ás 17.30 horas no Centro Social de Boiro.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.