Acometidas obras de mellora en dous centros educativos da Pobra por un valor aproximado de 40 000 euros

29 Decembro 2022

Dous centros de ensinanza da Pobra do Caramiñal foron obxecto de intervencións de distinta natureza na recta final deste 2022. A concelleira da Educación, Genoveva Hermo (Nós Pobra), explica que con esta serie de actuacións se continúa na senda de lles dar resposta ás necesidades das institucións
educativas do municipio para facilita-lo desenvolvemento da súa actividade e garantir unhas instalacións en óptimas condicións para docentes e estudantado.
No CEP Pilar Maestú Sierra procedeuse coa reforma do chan do ximnasio mediante a colocación dun estrado de vinilo e zócolo. Operouse tamén en varias escaleiras do colexio: no interior renovouse a lámina vinílica en tres tramos, mentres que no exterior se forrou toda unha escalinata con baldosa hidráulica. Cambiouse, ademais, a liña de acometida de auga xeral. O investimento total acada os 20 000 euros.
Doutra banda, na unitaria do Vilariño substituíronse catorce fiestras da planta baixa e efectuáronse reparacións eléctricas por un importe global que supera os 20 000 euros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.