A Xunta asina co Concello de Noia o convenio para a mellora da estación depuradora de augas residuais

20 Decembro 2022

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou co alcalde de Noia, Santiago Freire, o convenio de colaboración para executar a mellora da estación depuradora de augas residuais, cun investimento autonómico de 2.925.000 euros.

O Goberno galego prevé licitar as obras en vindeiras semanas, co obxectivo de comezar os traballos en 2023. A actuación conta cun prazo de 13 meses, dos que 10 se corresponden coa execución das obras e 3 para a posta en marcha das instalacións.

A Xunta asumirá integramente o financiamento desta actuación, que se enmarca no Plan de saneamento local de Noia e que redundará na mellora dos servizos e da calidade de vida dos veciños, no coidado do medio e no futuro da pesca, do marisqueo e do turismo.

Ademais, Augas de Galicia levará a cabo a contratación e execución das obras, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización.

Pola súa banda, o Concello de Noia asume as obras realizadas, así como a obriga da súa posta en servizo, a súa explotación e o seu mantemento e conservación, empregando as instalacións executadas de acordo coa finalidade prevista.

A intervención está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014/2020.

Actuacións

As actuacións proxectadas céntranse na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta de tratamento de augas residuais municipal.

Instalarase unha nova reixa de grosos automática, previa ao bombeo de cabeceira, interceptando as conducións de entrada antes da reixa existente e deixándoa como by-pass, para o que se instalarán comportas para independizar cada unha das canles.

Tamén se instalará unha ponte desareadora desengraxadora que enviará as areas ao clasificador de areas e as graxas ao concentrador.

Disporase un novo equipo de produción de microburbulla para optimizar do proceso  do sistema de flotación por aire disolto para a optimización do proceso da auga a tratar.

Na reforma desta planta de tratamento de augas residuais inclúese, tamén, a instalación de novos equipos de dosificación de reactivos.

As actuacións prevén a renovación da metade da cuberta do edificio que queda por substituír e das baixantes de recollida de auga. Tamén se incluirá a instalación de sistema de ventilación para a renovación do aire do edificio.

Apoio aos concellos

A Xunta leva investido nos últimos anos 4,7 millóns de euros en actuacións de apoio ao Concello de Noia en materia de infraestruturas hidráulicas, destacando a execución da rede de colectores xerais ou a mellora da depuradora.Os Orzamentos da Xunta de 2023 recollen unha partida de 1,95 M€ para a mellora da depuradora de Noia, cunha partida de 0,97 M€ en 2024 para completar a intervención.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...