A quinta edición do Festirititi contou coa participación de preto de mil escolares

02 Decembro 2022

Estes venres 2 de decembro celebrouse en Boiro, na Cachada, a nova edición (a quinta) dunha das grandes citas anuais festivas da asociación comarcal Amicos: o Festirititi, un evento co que a entidade celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e que se articula como referente da inclusión social na zona do Barbanza. O festival, que contou novamente co apoio da conserveira JEALSA, veu este ano cunha manchea de actividade para os case mil nenos e nenas da contorna do Barbanza que acudiron a participar nos xogos organizados, todos eles co nexo común de ser inclusivos e estar adaptados ás necesidades cognitivas e motrices das persoas participantes.

Macarena Fernández, integrante da Asociación Amicos, foi a encargada de abrir o certame. Ao evento acudiron, pola Xunta, Fernández González Abeijón, director xeral de Persoas con Discapacidade e Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Ademais participaron diversos alcaldes da bisbarra e demais autoridades. Tamén participou, por JEALSA, Margarita Hermo, directora das Relación Institucionais da conserveira local, que dirixiu unhas emotivas palabras aos alí presentes: “As persoas con discapacidade son persoas que suman, que aportan á sociedade e que debemos facer que, cada vez máis, se sintan partícipes da mesma”.

Tras unha mañá chea de diversións e emocións, o festival pechou cunha gran sorpresa, un DJ que fixo que os case mil rapaces e rapazas saíran do Festiritititi cun gran sorriso. Dende a Asociación Amicos quixeron agradecer a colaboración de todos os colexios, concellos e empresas que participaron.

O Festiritititi é un festival de inclusión a través do xogo, onde toda a comunidade está convidada: centros educativos, autoridades e familias. A cita arrincou ás 11.00 horas no parque da Cachada en Boiro, desenvolvéndose as súas actividades ata as 13.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.