A Pobra conxuga a tradicional cabalgata de Reis co percorrido polas parroquias

30 Decembro 2022

Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán A Pobra do Caramiñal no día 5 de xaneiro antes de reparti–los agasallos polos fogares, segundo anuncian a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a súa homóloga dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra); e o edil da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).
As súas maxestades os Reis do Oriente vivirán unha intensa xornada que comezará cun percorrido en vehículos por tódalas parroquias do termo municipal, coa saída programada ás 11.00 horas na aldea de San Paio e achegada ás 14.20 horas á casa consistorial, onde os recibirá a corporación municipal. Poderase seguir en directo a través da canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.


O itinerario previsto é o que segue: San Paio, Armental, Vilas, O Foxo, O Cruceiro Novo, A Crocha de Poñente, A Ponte Barbanza, Roupión, A Granxa, A Casa Queimada, A Virxe do Monte, O Campo da Feira, A Atalaia, A Baiuca, A Pontenaveira, Banda ó Río, O Sobral, A Mirandela, Xunqueiras, A Devesa, A Casanova, O Campiño, As Pedriñas, Caíños, As Pedriñas, O Outeiro, O Arcebispo, A Laxe, A Lombiña, A Costa, Os Areos, O Alto do Maño, lugar de Cabío, O Xobre, a igrexa do Maño, a aldea da Ponte, Vilariño de Abaixo, A Silva, O Castro, Bandaseca, A Pontenaveira, A Figueira, O Camiño Ancho, A Pedreira, A Tomada, Quintáns, Lesón, Os Vilares, A Gándara, As Pedriñas, O Cruceiro, Santa Cruz, A Aldea Vella,
Roupión, Rosamonde, Rego, Tarrío, Os Agros da Atalaia, O Campo da Feira, San Lázaro – A Poza de Moraña, O Hórreo, As Pontes, A Crocha de Levante, A Crocha de Poñente, A Ponte Barbanza, Campomuíños, O Sanguilexo, O Cruceiro Novo, Santo Isidro, A Conga, O Pumadiño, Os Casás, O Vilariño, Ouxo, O Freixo, Cadreche, Saborido, O Campo, A Mercé, O Camiño Real, O Conchido, A Ribeiriña, A Angustia, O Cagulo, A Crocha de Levante, A Angustia, A Lomba, O Cruceiro, O Petón, A Corredoira da Seca, As Pontes e San Lázaro.

E, pola tarde, toca desprazarse polo núcleo urbano da localidade na tradicional cabalgata, que partirá ás 17.30 horas do polideportivo municipal de Venecia para seguir a carón do mar polos Areos, parar no portal de Belén disposto na praza Alcalde Segundo Durán para face-la ofrenda e continuar pola rotonda da Covecha cara ás rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata o consistorio, onde atenderán as crianzas que se acheguen. A comitiva tamén estará composta por Troula Animación, Trécola, Axeigo e Charanga Era Visto. No operativo participarán a Policía local, Protección Civil e arredor de 50 persoas na organización do evento. En caso de chuvia, focalizarase toda a acción da tarde na dita instalación deportiva.
Repartiranse preto de 2 000 quilogramos de caramelos aptos para persoas celíacas.
Ademais, no día 2, os paxes reais estarán no toldo da praza Alcalde Segundo Durán para recibi-las cartas e desexos da rapazada. Estarán en horario de 18.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...