A medallista olímpica ribeirense, Ana Peleteiro, anuncia o nacemento da súa primeira filla, Lúa

21 Decembro 2022

Un dos embarazos máis esperados de Galicia terminou tras o nacemento de Lúa, a primeira filla da medallista olímpica Ana Peleteiro. A atleta galega comunicouno en redes sociais, que anunciou o pasado mes de xuño.

Lúa adiantouse lixeiramente, xa que a deportista anunciara hai unhas semanas que en principio saía de contas o 25 de decembro, o día de Nadal. En varias intervencións e vídeos nas súas redes sociais a atleta admitiu estar “cagada” e contou aos seus seguidores como a súa filla “non para quieta, está por aí roldando e dando voltas”.

O pai, o francés Benjamín Compaore, foi o primeiro en deixar caer pistas, cunha publicación na súa historia de Instagram unha foto no hospital cunha simple palabra hier, onte en francés. Apenas horas despois Peleteiro facía o anuncio oficial, cunha historia na que se ve a unha bebé Lúa lactando.

“Onte foi o día máis duro e máis marabilloso por partes iguais da miña vida”, escribía a atleta. “Estamos a gozar de Lúa ao 100% pero quería darvos as grazas a todxs pola inmensa cantidade de mensaxes que nos enviastes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.