A Marea Cidadá de Noia denuncia desleixo e falta de anticipación na xestión das licenzas do Aparcadoiro da Xuíz Falcone

30 Decembro 2022

O sábado 31 caducarían as licenzas de ocupación do Párking da planta “-1” da Rúa Xuíz Falcone, sen que se teñan todavía adxudicado as novas licenzas.

A xestión do Párking da Rúa Xuíz Falcone é, a xuízo da Marea Cidadá, unha das máis caóticas e desordenadas do goberno popular de Santiago Freire. Se ben este sábado rematan, coincidindo co final do ano, as licenzas de uso dos espazos da planta -1 do Párking da Rúa Xuíz Falcone, estarían todavía sen
nomear os novos beneficiarios das mesmas.
Isto vai provocar, a ollos da formación de esquerdas, confusión, caos e desuso das instalacións derivados, de forma directa, da xestión do goberno local. Ate que se publiquen as concesións provisionais, antes de decretar as finais, estas prazas quedarán sen ocupante.

Segundo indican dende a Marea Cidadá, esta situación teríase evitado se o goberno actuase cun pouco de antelación, publicando as relación de novas persoas adxudicatarias antes do final do ano. Isto non é máis que outra mostra do desleixo e da despreocupación do goberno Freire nas súas xestións,
derivando como tantas outras veces nunha situación negativa para os veciños e veciñas de Noia.
Dende a Marea Cidadá, reclaman ao goberno local que de solución a esta situación e aclare o que acontecerá durante este entre-tempo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.