A frota española poderá capturar este ano 29.700 toneladas de anchoa

21 Decembro 2022

Antón Luaces.- A cota de anchoa para España será, após a publicación da recomendación científica para 2023, das máis altas  desde a reapertura desta pesqueira en 2010: segundo a regra de xestión dos últimos anos, o Total Admisible de Capturas (TAC) será novamente de 33.000 toneladas, das que 29.700 corresponderán a España. Esta é unha das cotas máis altas  dos últimos anos ao se aplicar unha

última e mínima dedución pola multa imposta por sobrepesca de xarda.

A recomendación do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) vai permitir situar acota da anchoa no Golfo de Biscaia en 2023 entre as máis altas desde a reapertura desta pesqueira no ano 2010 xa citado.

A recomendación do ICES sinala que a biomasa de bocarte (anchoa) mantense nos niveis históricos dos últimos anos. Desde que se produciu o peche da pesqueira entre os anos 2005 e 2009 pola mala situación biolóxica da poboación, vense constatando un constante incremento da biomasa, o que confirmou a plena recuperación da especie.

Deste xeito, o ICES recomenda un TAC para o 2023 de 33.000 toneladas para esta poboación (Zona 8 do ICES) a mesma ca na dos últimos anos e que corresponde á aplicación da regra de xestión que se ven empregando e polo que se actualizará con esta cifra a adoptada provisoriamente no pasado Consello de Ministros de Agricultura e Pesca dos días 11 e 12 deste mes, ao non estar ainda dispoñible a devandita recomendación científica do ICES.   

Á espera da posible renovación dos acordos que se artellan entre os sectores pesqueiros español e francés a partir da reapertura da pesqueira, a España corresponderíalle  o 90% do TAC: 29.700 toneladas.

Por primeira vez desde o ano 2016 a cota disponible verase únicamente en 180 toneladas provintes do pago da multa pola sobrepesca de xarda que se aplica a España desde vai anos e que, en exercicios anteriores,  supuña unha maior dedución, concretamente 3.696 toneladas anuais.

Esta boa situación beneficia principalmente aos barcos do censo do Cant

Anbrivo e Nororeste, a frota que a cotío captura esa especie tan valorada e emblemática, principalmente nas augas españolas, desde o comezo da primavera ata ben entrado o verán.

Armadores do cerco consultados por O Barbanza expresaron a súa satisfacción, ao tempo que amosaban a desconfianza pola posible incapacidade da frota actual de asumir esa cantidade de bocarte porque non poucos barcos foron vendidos ou despezados en Galicia.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.