A exposición onde a imaxe e a palabra dialogan sobre o papel das mulleres ao longo da historia remata a súa estadía na Pobra

14 Decembro 2022

A mostra Nós somos elas centrou o apartado expositivo da axenda de actividades impulsada
pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, que se conmemora no 25 de novembro.
Durante un mes permaneceu na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler; sala á cal chegou en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a área da Igualdade da Deputación da Coruña. A ocasión de visitala na localidade remata no día 15, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
A concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa axente de igualdade, Carolina Rodríguez, explica que esta mostra se artella sobre a visión de vinte e catro poetas arredor de imaxes do Arquivo Vidal e que pon o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e familiar, para visibiliza-lo seu papel na sociedade.
Instantáneas do pasado acompañadas de palabras do presente de Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.