“A esperanza” – José Manuel Pena

15 Decembro 2022

Ao sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e gobernantes tratan de ocultar e pasar de longo. Agárranse, coas poucas forzas que aínda conservan, a un xesto amable e a unhas palabras tranquilizadoras que lles ofrezan un pouco de esperanza. Non custa nada ofrecer un sorriso ou un abrazo e en cambio empeñámonos en buscar enfrontamentos, envexas e pasotismo.

En ocasións trátase só dunha pequena axuda económica, algo de alimento, un teito onde poder descansar, unha conversa, algunhas xestións administrativas…, non queren moito máis, só un ombreiro amigo no que poder descargar a súa ira e indefensión. Non son conscientes de que eles non son culpables de nada do que lles sucede, somos nós, é o propio sistema que nos/nos engole na súa tea de araña de consumismo e de comodidades, que se manteñen para uns poucos á conta da maioría e que nos esixen o non dubidar, non pensar, non criticar nin rebelarse contra o establecido que sen dúbida se pode mellorar e que consideramos coma se fose dogma de fe, sen máis argumento.

Nos momentos difíciles somos todos necesarios e ademais temos a obriga moral de estar cos que sofren as consecuencias da crise, que se presume longa, moi longa, para que poidan seguir co seu día a día, cos seus amigos, compañeiros de traballo, coas súas familias, en definitiva coas súas vidas: Que o espertar non lles supoña un pesadelo senón unha ilusión, onde os soños ou a utopía poida converterse en realidade, onde todos poidamos dispoñer dun mínimo para vivir con dignidade, como seres humanos. Nunca teñen que perder a esperanza, sen ela xa nada vai ser o mesmo e vívese unha soa vez.

Outros artigos

“Cumpleaños, somos efímeros” – Manuel Domínguez

¿Qué te creías?, el rey del mambo. Todos se acordarán de Napoleón, o del general Romel, pero me pregunto yo, quién se acuerda de sus soldados, porque qué serían ellos, sin sus soldados. Le dice el niño, a su anciano abuelo, para qué plantas este naranjo, nunca comerás...

+

Saída de vía por unha indisposición en Rianxo

Un accidente produciuse no quilómetro 11 da AG-11, á altura da parroquia rianxeira de Isorna. Os feitos, que ocorreron instantes despois das 9 horas en sentido Ribeira, foron narrados por un particular que parou a auxiliar ao implicado, que acababa de saírse da vía co...

+

Rexistrado un sismo de magnitude 3 nas proximidades da costa de Ribeira

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta mañá un sismo de magnitude 3.0 con epicentro nas proximidades da costa de Aguiño (Ribeira). No Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiu chamada algunha alertando sobre estes feitos, que tiveron lugar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.