A banda pobrense Human presenta o seu novo EP en concerto

19 Decembro 2022

No 23 de decembro hai unha nova cita coa música na Pobra do Caramiñal. A banda local Human ofrecerá un concerto para presentar o novo EP titulado Anomaly. Contarán, ademais, con Leite con Jalletas como artista convidado.

O evento dará comezo ás 21.00 horas no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.

Organizan conxuntamente a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a produtora Silencio Roto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.